Nova: López Campos convida na Feira de 1900 de Curtis a “celebrar as nosas raíces, a nosa música e as nosas tradicións”

26/07/2025
López Campos convida na Feira de 1900 de Curtis a “celebrar as nosas raíces, a nosa música e as nosas tradicións”
Curtis (A Coruña), 26 de xullo de 2025
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, deu hoxe o pregón da IX Feira de 1900 en Curtis. Alí, reclamou que nestes dous días de Feira “celebramos as nosas raíces, a nosa música e as nosas tradicións, este ano máis se cabe, ao estar dedicadas as romarías e merendas da zona, pero realmente forman parte da idiosincrasia do pobo galego”.
Deste xeito, o responsable de Cultura da Xunta invitou aos asistentes a unha viaxe no tempo “nunha desas locomotoras a vapor que comezaron a chegar a esta vila a finais do século pasado” e reivindicou esta celebración como “unha auténtica romaría que servía e serve de unión dun pobo que medraba exponencialmente ao seu carón”.