Nova: A Xunta manterá en 2026 o seu compromiso orzamentario co Consorcio de Santiago

24/07/2025
A Xunta manterá en 2026 o seu compromiso orzamentario co Consorcio de Santiago
Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2025
A Xunta de Galicia manterá nos orzamentos do ano 2026 o compromiso co Consorcio de Santiago. Así o acordou hoxe o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, na reunión do Consello de Administración da entidade, na que participou como representante do Goberno galego.
Deste xeito, na xuntanza, celebrada na véspera do Día de Galicia, López Campos explicou que o Executivo autonómico manterá a senda financeira acordada en 2023 e que contempla un incremento de 300.000€ na achega da Xunta de Galicia para o trienio 2024-2026. Así mesmo, na reunión tamén se trataron as contas do 2024 do Consorcio ou o informe de execución do plan de obxectivos do ano pasado.