Nova: Belén do Campo mantén un encontro co director xeral de Patrimonio Cultural, Ángel Miramontes, para analizar os proxectos comprometidos neste eido na provincia

13/06/2025
Belén do Campo mantén un encontro co director xeral de Patrimonio Cultural, Ángel Miramontes, para analizar os proxectos comprometidos neste eido na provincia
A Coruña, 13 de xuño de 2025
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, mantivo, esta mañá, un encontro co director xeral de Patrimonio Cultural, Ángel Miramontes, para abordar os proxectos en marcha na provincia financiados pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. Concretamente, referíronse a algunha das actuacións previstas como as da igrexa de Santa María do Campo, a restauración da cuberta da capela da Venerable Orde Terceira da Coruña licitada por 581.538 euros ou a renovación da cuberta e da sancristía dá igrexa do Santa María de Azougue, rematadas onte, no concello de Betanzos.
No encontro tamén analizaron as actuacións programadas este ano de escavacións arqueolóxicas en concellos da provincia e analizaron a proposta de crear o espazo Lugrís nos números 25 e 27 da rúa Olmos para manter o complexo mural no lugar onde foi creado, xa que é a opción máis óptima para garantir a mellor conservación do conxunto, á vez que resulta a menos custosa. Ambos coincidiron na necesidade de contar coa colaboración tanto do Concello como da Deputación para facer realidade este proxecto.