Nova: López Campos felicita ao director Oliver Laxe polo seu triunfo no Festival de Cannes

26/05/2025

López Campos felicita ao director Oliver Laxe polo seu triunfo no Festival de Cannes

Navia de Suarna (Lugo), 26 de maio de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañou onte o realizador galego Oliver Laxe na  proxección especial de preestrea en Galicia do filme Sirat en Navia de Suarna, despois de ser recoñecido co Premio do Xurado no Festival de Cannes.

O titular de Cultura da Xunta, acompañado polo director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, destacou “o fito que supón para o noso audiovisual ter recibido este galardón que reflicte a calidade e talento dos nosos creadores”. Neste senso, resaltou o compromiso do Goberno galego con esta industria e incidiu “na intención de seguir mantendo o apoio ao sector para facer que a cultura galega siga a medrar”.

Comparte