Nova: Anxo M. Lorenzo convida a visitar a mostra ‘O retorno do máxico’ para “somerxernos no imaxinario galego”

15/05/2025

Anxo M. Lorenzo convida a visitar a mostra ‘O retorno do máxico’ para “somerxernos no imaxinario galego”

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2025

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na inauguración da exposición O retorno do máxico no Colexio Fonseca, en Santiago, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia. Trátase dun proxecto colectivo multidiscipilnar dos artistas madrileños Consuelo Chacón, Patricia Mateo e Jose Luis López Moral, comisariado por Paula Cabaleiro, e que  transita pola fotografía, a pintura, o vídeo e a instalación reivindicando o valor da sabedoría popular galega.

Así, o representante do Goberno autonómico convidou a visitar unha mostra, aberta ata o 28 de xuño, que “que nos somerxe na nosa cultura e identidade a través dese mundo do imaxinario galego que tamén forma parte da nosa historia”. Neste senso, referiuse ao contexto desta proposta que se adentra desde a arte no universo das meigas, do patrimonio botánico e da tradición galega, nas lendas, nos mitos, nas supersticións e nos saberes populares. Todo isto, apuntou, “é unha maneira de achegarnos tamén á tradición oral nun ano tan especial no que precisamente as Letras Galegas van nesa liña”.

Comparte