Nova: Tres coros xuvenís ofrecen un concerto este domingo na Delegación Territorial da Xunta en Lugo

04/04/2025
Tres coros xuvenís ofrecen un concerto este domingo na Delegación Territorial da Xunta en Lugo
Lugo, 4 de abril de 2025
A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acollerá este domingo, 6 de abril, o festival Primavera de Voces Xoves, organizado polo Coro Xuvenil de Lugo. Actuará esta agrupación xunto cos coros xuvenís Amdor -da Agrupación Musical do Rosal- e Diamond -de Campo Lameiro -.
O delegado territorial, Javier Arias, e o presidente do Coro Xuvenil lucense, Pablo Rico, explicaron hoxe que o concerto comezará ás 19,00 horas no Salón de Actos, con entrada gratuíta.
Trátase da primeira edición desta iniciativa, coa que os organizadores queren contribuír a fomentar a música coral en Lugo e incentivar a participación da mocidade en espazos de socialización e formación artística.
Arias destacou o apoio do Goberno galego a este evento, “co que contribuímos a seguir ampliando a oferta lúdica e cultural en Lugo e atraemos visitantes á cidade”.