Nova: Homenaxe a Paco Lareo na XII Bienal Internacional de Lalín Pintor Laxeiro

08/05/2015

Homenaxe a Paco Lareo na XII Bienal Internacional de Lalín Pintor Laxeiro

A mostra reúne 30 artistas, a metade deles galegos ou residentes na comunidade, mentres que o resto proceden doutras comunidades, da China, do Brasil e da República Checa

  • Imaxe do pintor José Otero Abeledo 'Laxeiro' Imaxe do pintor José Otero Abeledo 'Laxeiro'
  •  secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe no acto de apertura da XII Bienal Internacional de Lalín Pintor Laxeiro secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe no acto de apertura da XII Bienal Internacional de Lalín Pintor Laxeiro

Lalín, 8 de maio de 2015.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe no acto de apertura da XII Bienal Internacional de Lalín Pintor Laxeiro, que nesta edición lle rende unha pequena homenaxe ao polifacético artista de Vila de Cruces Francisco Lareo Morao “Paco Lareo”. Nunha emotiva lembranza á súa figura, o secretario xeral recordou que "atesourou sabedoría en moi distintos países, para regresar á comarca do Deza e axudar a convertela nun lugar de encontro, de diálogo e de intercambio de saberes entre artistas de aquén e de alén".

En palabras de García Gómez, o recordado Paco Lareo "fixo posible que acontecese un milagre cultural no medio rural galego. A súa concepción máis tradicional da nosa cultura viuse reflectida nas obras de autores de vangarda chegados de todo o mundo que intercambiaron as súas experiencias, aprendendo ao mesmo tempo do noso medio natural, impregnándose da nosa lingua, cultura e, en definitiva, da nosa convivencia coa paisaxe”, sinalou.

Neste senso, manifestou que “ese espírito de posta en valor do medio rural no que tantas moitas veces temos traballado xuntos impregnou a súa vida e obra, e vai moito máis alá do legado depositado na Fundación Paco Lareo A Solaina de Piloño, que medra coa actividade cultural, así como cos traballos dos seus patróns, presididos agora pola nosa entrañable Carme Lareo".

Precisamente, Valentín García estivo acompañado pola propia Carmen Lareo en representación da familia e da Fundación, así como polo alcalde de Lalín, José Crespo; pola concelleira de Cultura, María Álvarez Paz; e por Manolo Moldes, en representación do comisariado desta mostra conxunta e intercultural.

A Bienal, coa que Lareo colaborou dende a súa posta en marcha no ano 1993, reúne nesta ocasión a obra de 30 artistas, 16 deles galegos ou residentes na Comunidade. Os 14 restantes proveñen doutras partes de España, da República Checa, do Brasil e da China.

Comparte