Evento: Operación Papá Noel
Operación Papá Noel
Un programa de curtametraxes cargado de aventuras sorprendentes, emocións e moita, moita neve! Para estes días de finais de ano nos que aproveitamos para parar e apreciar o valor da familia e os seres queridos.
Operación Papá Noel
William, de 10 anos, vive nunha enorme mansión cos seus pais millonarios, case sempre ausentes. Acostumado a telo todo, pide un agasallo moi particular para este Nadal: ao propio Papá Noel en persoa.
El trineo
Un día de inverno, mentres a súa nai está fóra, un esquío inquedo e curioso fará un decubrimento do máis emocionante.
Aurora boreal
Colin vive no Polo Norte co seu avó Karl. Durante a época de cazar narvales, o avó parte coa súa casa trineo e deixa a Colin ao cargo da súa tía. Pero un malentendido de última hora, fará que Colin se vexa arrastrado pola aventura e acabe vivindo unha viaxe transformadora.
Merry Grandmas!
Masha quere ir á festa de Noitevella cos seus pais, pero deciden deixala coa súa avoa. A cativa pasará a noite rodeada de señoras maiores, moito máis marchosas e enérxicas do que esperaba.
Máis eventos de tipo Proxección audiovisual