Evento: Foot

Foot
mércores, 30 novembro, 2022 - 13:00
Vedra,
Vedra

Foot

Monólogo poético e cómico.

Pallasos en Rebeldía presenta FOOT. Inspirada por eventos reais, FOOT é un monólogo poético, cómico e surrealista na voz dun futbolista palestino quen nos conta o imposible camiño do seu equipo para clasificar á Copa Mundial; un camiño de controis militares, exilio, corrupción e morte. Escrita polo dramaturgo palestino - americano Ismail Khalidi, dirixida por Iván Prado e protagonizada por Fran Rei, na natureza de FOOT está a natureza de Pallasos en Rebeldía. Isto é, sensibilizar á cidadanía desde a cultura sobre as terribles situacións que están a sufrir pobos que padecen opresión e, na medida do posible, abrir procesos de esperanza e transformación desde o país cara eses mesmos territorios en conflito, mediante accións que entenden a arte como linguaxe universal, impulsando valores sociais e políticos a través do teatro e o circ

Máis eventos de tipo Espectáculo

A pluma viva de Rosalía
19 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Brinca vai! De aquí a acolá
20 de decembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Barquiño de pau
23 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Cinema Marabillas, Ver para ler
27 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal