Evento: The Hole X

The Hole X
venres, 17 febreiro, 2023 - 18:30
Teatro Afundación Vigo,
Vigo

The Hole X

Espectáculo musical e cabaret

Este novo show celebra os dez anos do espectáculo «rescata a esencia do The Hole orixinal» e recupera «algúns dos números máis impresionantes e dos personaxes máis icónicos das tres edicións» como Vinila Von Bismark, Almon ou o Pony Tolo.

O espectáculo reúne sobre o escenario actuacións de artistas nacionais, como Canco Rodríguez que, ademais de suxestivas coreografías e números de acrobacias, inclúe toques circenses que nesta ocasión seguen a trama dunha gran historia de amor. O show terá unha duración aproximada de dúas horas.

Ademais, o espectáculo incorpora «textos e números novos para seguir facendo da saga The Hole o antídoto perfecto para os tempos difíciles, o spa mental que necesitamos para saír do buraco».

  • The Hole X

Máis eventos de tipo Espectáculo

A pluma viva de Rosalía
19 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Brinca vai! De aquí a acolá
20 de decembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Barquiño de pau
23 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Cinema Marabillas, Ver para ler
27 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal