Evento: Orfeo

Orfeo
luns, 28 novembro, 2022 - 20:30
Teatro Principal de Pontevedra,
Pontevedra

Orfeo

Proxección da película de Jean Cocteau.

Obra mestra do cinema mundial, aclamada pola Nouvelle Vague, que loce como nunca restaurada en alta definición. Unha fascinante revisión do mito de Orfeo no París dos anos 50, e a obra máis persoal de Jean Cocteau ("A bela e a besta"). Un poema visual dunha modernidade cegadora protagonizado por Jean Marais ("Elena e os homes") e a española María Casares ("Os nenos do paraíso"). Imprescindible.

O prestixioso poeta Orfeo é seducido por unha enigmática princesa, que non é outra que a Morte. Por ela, abandona á súa esposa, a bela Eurídice. Cando esta é asasinada por esbirros da Morte, Orfeo decide seguila ata o inframundo para rescatala. Entendendo a imposibilidade do seu amor, a princesa devolve Eurídice a Orfeo.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Samsara
Samsara
10 de febreiro
Filmoteca de Galicia
The Masseurs and a Woman
10 de febreiro
Filmoteca de Galicia
La condena
11 de febreiro
Filmoteca de Galicia
Octopus
11 de febreiro
Filmoteca de Galicia