Evento: 10 de marzo
10 de marzo
Froito da negociación do convenio de Bazán Ferrol, milleiros de traballadores dos estaleiros marcharon nunha manifestación na mañá do 10 de marzo de 1972 polo centro da cidade. En plena ditadura, a Policía Armada intentou interceptar a marcha, e ante a resistencia dos traballadores, disparou contra a manifestación, saldouse con decenas de feridos de bala e dous traballadores mortos: Daniel Niebla e Amador Rey. O filme trata todo o proceso de penetración das comisións obreiras e do partido comunista no interior do estaleiro de Bazán, as tensións na negociación do convenio, os feitos do 9 e 10 de marzo e a súa repercusión internacional, así como a chamada ' Proceso do 23' no que tres anos despois foron xulgados os principais dirixentes obreiros. Mergullando ao espectador nunha historia tan trepidante como emotiva, 10 DE MARZO reconstrúe, a través de entrevistas aos protagonistas, material de arquivo audiovisual inédito e ficción de época, acontecementos que supuxeron un punto de inflexión na sociedade galega no seu enfrontamento co ditadura. Os creadores do exitoso 'Vigo 1972' afondan un ano máis na historia contemporánea galega con este novo documental.



