Evento: O lobo e a lúa

O lobo e a lúa
venres, 9 decembro, 2022 - 20:00
Centro Social,
Pontecesures

O lobo e a lúa

Teatro coa compañía Baobab

A compañía de teatro infantil Baobab chega este ano ao programa de dinamización lingüística FalaRedes cun espectáculo para os máis pequenos da casa que foi galardoado co Premio Barriga Verde de textos teatrais en galego. É unha peza tenra, divertida e chea de intriga que trata sobre a aceptación das diferenzas a través dunha historia de amizade, de superación dos propios medos e de amor. Ademais, introduce os espectadores de idades temperás nos contos tradicionais, nas cantigas, e na tradición oral.

Máis eventos do ciclo FalaRedes

As mil e unha
14 de maio, 12:30
Auditorio - Verín - Ourense
Repunantas
14 de maio, 19:00
Café-Teatro - Narón - A Coruña
As mil e unha
14 de maio, 19:00
Teatro Principal da Estrada - A Estrada - Pontevedra
Begoña Caamaño, o transgredir das ondas
15 de maio, 19:00
Auditorio - Cangas - Pontevedra