Evento: Delta Blues Dúo
Delta Blues Dúo
Delta Blues Dúo é un proxecto composto polo guitarrista e cantante Jay Doe acompañado do armonicista Ramón Figueira no cal debullan temas Delta Blues e Country Folk. Os dous músicos convídannos a gozar de son máis puros do blues e do country.
Rammón Figueira é un experimentado armonicista da escena de blues galega,compoñente, entre outros, de bandas como The Lákazans, Andhrea & the Black Cats e Sabela & the Heartbreakers
Javier Casal, deixa escapar o seu ?alter Ego? máis blusero co nome de Jay Doe. Versións de Robert Johnson, Jimmy Reed, Muddy Waters, Big Bill Broonzy, Elmore James, combinándoas con temas máis populares de Clapton ou os Stones e facendo algunha incursión en temas de películas moi coñecidos pero sempre en torno ao Blues, Rithm and blues, country e escarceos co swing e jazz.
Máis eventos de tipo Concerto
 
  


