Evento: Festival Go!Go!Zo!
Festival Go!Go!Zo!
Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 regresa coas pilas ben cargadas e con moitas gañas de facerche gozar do verán. A segunda edición deste festival conta de novo co apoio da Xunta de Galicia e de Estrella Galicia para o seu desenvolvemento e ofrecerá unha completa programación con medio cento de actividades entre os meses de xuño e setembro.CERTAMES XENERASONDesde Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 seguimos apostando polo talento da terra. Para iso, organizamos dous concursos, que se desenvolverán nos meses de xullo e agosto.O primeiro que se celebrará será o XeneraSon Rock, que está dirixido ás bandas de academias de música de Galicia e Portugal. As semifinais desenvolveranse os días 1, 2 e 3 de xullo, mentres que a gran final terá lugar o 30 de xullo.E para poñer en valor o bo facer das nosas agrupacións de música e baile tradicional de Galicia poremos en marcha o XeneraSon Folk. As semifinais celebraranse os días 12, 13 e 14 de agosto e a final será o día 20.CAMPAMENTOS FORMATIVOSContinúa a aposta polos talentos do futuro cunha variada oferta de campamentos formativos. Estes centraranse en tres temáticas diferentes:Campamento de creación musical. Máis Mezcla Terá lugar en xullo e poderás aprender como ser picadiscos e facer as túas propias sesións, sabendo todo o preciso sobre os programas e material a utilizar. Campamento audiovisual. Delicias Amargas Desenvolverase no mes de setembro e nesta formación comprenderás todos os pasos precisos para crear unha produción audiovisual, dende o guión á gravación.Campamento de webcreación do Camiño de Santiago Tamén se celebrará no mes de setembro e porá á túa disposición os coñecementos necesarios para crear o teu webcomic e publicalo na rede.GOZO STATIONUn ciclo dentro do festival que ofrecerá tres xornadas (23 de xuño, 15 de xullo e 27 de agosto) cheas de música e actividades culturais. En Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 achegarémoste á cultura xamaicana a través delas. Artistas reggae de primeiro nivel cuxas actuacións se combinarán con outras propostas de interese dirixidas a todos os públicos.SESIÓNS DJOs clásicos nunca morren e se hai algo que defina Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 son os picadiscos. Ofreceremos preto 40 sesións que amenizarán as tardes e as noites dos meses de verán.CATIVIDADESOutra das propostas que non pode faltar en Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 son as Catividades. Combinaremos dúas grandes festas de inchables acuáticos en xuño e en setembro coas tardes de actividades de lecer que se desenvolverán os mércores de xullo e agosto.ACTIVIDADES ESPECIAISE como complemento a todas esas propostas contaremos durante estes meses de verán con actividades especiais como as seguintes:- Macroactuacións de rock, folk e zumba- Combos de A Casa do Rock, Rockschool A Coruña e Rockschool Paredes de Coura+ INFO