Evento: Mercado Medieval de Mondoñedo

Mercado Medieval de Mondoñedo
venres, 8 agosto, 2025 a domingo, 10 agosto, 2025
Mondoñedo,
Mondoñedo

Mercado Medieval de Mondoñedo

Festa de Interese Turístico

O centro histórico de Mondoñedo, singularizado pola Catedral Basílica da Asunción, foi declarado conxunto histórico-artístico en 1985, o que constitúe un marco ideal para a celebración desta festa que se celebra na segunda fin de semana de agosto e que transforma esta localidade nunha cidade do medievo.
Este mercado medieval é un dos máis antigos da provincia.
Na praza da catedral e nas principais rúas instálanse postos de artesáns que mostran os oficios tradicionais da Idade Media. Durante o mercado poden degustarse variadas viandas e participar en xogos populares.
Concertos, actuacións, competicións de tiro con arco, Gran Torneo Medieval coa participación de especialistas de hípica celta e tamén se celebra a voda medieval polo rito mozárabe na Fonte Vella.

Para non perder:
A cea medieval que é o punto culminante do sábado.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Festival Internacional Mundo Celta de Ortigueira
9 de xullo a 13 de xullo
Varios espazos
Festas de San Benitiño de Lérez
11 de xullo
Mosteiro San Salvador de Lérez
Feira Franca Medieval de Betanzos
Feira Franca Medieval de Betanzos
11 de xullo a 13 de xullo
Betanzos
Festa do Polbo
12 de xullo
Porto de Mugardos