Evento: Festividade do Apóstolo Santiago

Festividade do Apóstolo Santiago
venres, 18 xullo, 2025 a xoves, 31 xullo, 2025
Santiago de Compostela,
Santiago de Compostela

Festividade do Apóstolo Santiago

Festa de Interese Turístico

A capital galega celebra as súas maiores festas na segunda quincena de xullo, cun programa que combina festivais de folclore galego ou de música clásica (Festival Internacional de Música de Galicia) con cine ao ar libre, concertos de gran formato, pequenos concertos, orquestras, teatro de rúa, teatro de sala, animación na rúa, programación infantil, charangas, humor, danza...

En medio de tan amplo programa, sobresae o espectáculo pirotécnico fronte á catedral de Santiago, que se celebra na noite do 24 de xullo, para dar paso á celebración do Día do Apóstolo, tamén Día de Galicia. A praza do Obradoiro é tomada por máis de 20.000 persoas para contemplar un impresionante espectáculo audiovisual a base de proxeccións de luces e de imaxes sobre a fachada da Catedral, e ata hai uns anos a queima do gran castelo de pirotecnia diante da súa fachada gótica. O espectáculo é seguido desde distintos miradoiros da cidade por milleiros de persoas.

Ao día seguinte, na misa solemne na catedral, pódese ver o xigantesco botafumeiro en funcionamento. O Rei ou un delegado da Casa Real fan nela a tradicional ofrenda ao Apóstolo Santiago. Ademais, teñen lugar diversos actos de celebración do Día de Galicia, polo que a capital galega rebenta de visitantes.



Destacado:

Paga a pena coller sitio na praza do Obradoiro para contemplar os fogos do Apóstolo, a noite do día 24.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Festival Internacional Mundo Celta de Ortigueira
9 de xullo a 13 de xullo
Varios espazos
Festas de San Benitiño de Lérez
11 de xullo
Mosteiro San Salvador de Lérez
Feira Franca Medieval de Betanzos
Feira Franca Medieval de Betanzos
11 de xullo a 13 de xullo
Betanzos
Festa do Polbo
12 de xullo
Porto de Mugardos