Evento: El Patio
El Patio
A banda do Patio é un dúo vigués formado por Tito Castro á guitarra e Diego Romero á voz. Principalmente son un dúo de versións aínda que tamén compoñen as súas propias cancións. Interpretan temas de rumba, Pop, Rock e versións de moitos outros estilos desde os sesenta á actualidade, en español e Inglés, con guitarra española, acústica ou mesmo piano. Un repertorio amplo e moi versátil polo que os seus concertos poden variar moitísimo adaptándose moi ben a todos os públicos.
No ano 2013 publicaron o seu primeiro álbum titulado O Patio con algunhas versións e temas propios. En marzo do 2015 viu a luz o noso segundo traballo titulado Coiamba composto por sete temas propios nos que vos presentamos a Rumba Coiana.
Máis eventos de tipo Concerto



