Evento: Vegana 2022

Vegana 2022
venres, 1 xullo, 2022 a domingo, 3 xullo, 2022
IFEVI (Instituto Ferial de Vigo),
Vigo

Vegana 2022

Feira sustentable.

Os días 1,2 e 3 de xullo chega ao recinto feiral de Vigo Vegana 2022 a Segunda Feira Vegana e Sustentable de Galicia.

 A feira celebrou a súa edición anterior no 2021 coa intención de mostrar ao público todo tipo de alternativas e novidades. Este ano Vegana.gal vén con máis forzas e abarcará os seguintes contidos:

Casetas expositoras e food trucks. · Showcookings da man de recoñecidas cociñeiras veganas que mostrarán outros modelos gastronómicos.

Charlas e debates sobre educación ambiental, nutrición, sustentabilidade e veganismo. Talleres sobre sustentabilidade onde aprender a dar o paso cara a un estilo de vida máis ecolóxico.

Mostras e catas de produtos alimenticios como queixos veganos, chourizos de cabaza, hamburguesas hiperrealistas ou repostería, así como alternativas ao plástico, ao papel de aluminio e aos envases dun só uso.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Belén Artesanal en Movemento
30 de novembro a 11 de xaneiro
Campaña (Santa Cristina)
Belén Electrónico
20 de decembro a 31 de xaneiro
Begonte (San Pedro)