Evento: Elliott Brood Band
Elliott Brood Band
Elliot Brood naceu primeiramente como un dúo en 2002 conformado por Mark Sasso Casey Laforet cando acabaron a escola secundaria. Nese mesmo ano xa pisaron algún escenario acompañados doutros dous músicos que posteriormente deixaron a banda. O seu primeiro traballo foi o EP «Tin Type», producido por Stephen Pitkin, que logo se incorporou á banda. E non foi ata 2005 que publicaron o seu primeiro disco «Ambassador«. Desde entón, publicaron cinco discos máis e varios EPs. Unha das características diferenciais de Elliot Brood é o seu poderoso directos, cheo de enerxía e frenesí.
«Ghost Gardens» foi o seu último traballo publicado, e tras tres anos de espera, o seu último disco «Keeper» saíu á luz en 2020. Esta nova entrega, que será a que toquen en Vigo e a que lles leva a rodar por todo o mundo, está composta de dez cancións. Nelas a banda suaviza a súa música, achegando pincelas de indie pop pero mantendo a súa esencia country. Algunhas das cancións que conforman este disco son Bird Dog, Stay Out, A Month of Sundays ou Full of Wires.



