Evento: Momentos Alhambra: Ortiga

Momentos Alhambra: Ortiga
sábado, 28 maio, 2022 - 20:00
Sala El Patio,
O Grove

Momentos Alhambra: Ortiga

Concerto do artista galego.

Ortiga é o proxecto musical de Manuel González alias Rizo, músico, cantante e compositor de Santiago de Compostela.

O artista galego aposta polos sons frescos e bailables, combinando o espírito verbenero cos ritmos latinos. Así segue o ronsel de Esteban & Manuel, o dúo do que foi parte durante 2017 e 2018 ata a súa disolución, e con quen creou o estilo denominado cumbiatune ou psicocumbia. Tras deixar atrás esta formación, Manuel decidiu emprender o seu camiño en solitario como Ortiga e pouco despois lanzou o seu disco debut, Rizo & sus chichas, un traballo onde expón unha proposta única dentro do panorama musical alternativo: a fusión da cumbia, o merengue, a bachata e o autotune.

  • ORTIGA. Nanana

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Eris Mackenzie
7 de maio
Rúa do Preguntoiro, 35
Repunantas
8 de maio
Liceo de Ourense