Evento: ILL Pekeño & Ergo Pro
ILL Pekeño & Ergo Pro
Ergo Prol
Hai quen as mata calando e logo está el, que as mata rapeando. Ergo Prol, aka Bobby Nixeria para os amigos, é un dos mellores raperos que pariron as rúas de Madrid..
Disciplinado e guerreiro, as súas letras esconden tanto como unha boa película, unha desas que hai que ver máis dunha vez para captar todas as sutilezas.
Pero escoitarlle en casa non é nada comparado con verlle subido a un escenario. Porque é entón cando o asolaga todo co seu carisma e flúe no seu elemento natural.
ILL Pekeño
Ill Pekeño sería un rapaz normal e corrente do sur de Madrid, se non fose porque é unha verdadeira besta rapeando.
Nas súas rimas hai xeroglíficos por descifrar, referencias á cultura contemporánea, chiscadelas ao seu barrio, ao universo Marvel, aos campos de fútbol dos 2000, á súa admiración polo grafiti.
«Cando rapeo, son cancións que a min encantaríame escoitar», di. O certo é que Ill Pekeño está a desenvolver habilidades como rapero e compositor que lle están catapultando todo o máis alto da escena nacional.