Evento: Rock en Familia: I Love Rock and Roll
Rock en Familia: I Love Rock and Roll
I LOVE ROCK AN ROLL é un espectáculo didáctico de 60 minutos de duración con música en directo. Nel repásase a historia do rock and roll e interprétanse algunhas das cancións máis populares do xénero. O rock and roll forma parte da nosa cultura popular desde hai décadas, e debe tratarse como materia cultural educativa para as novas xeracións. Para nós, é importante que as nenas e nenos coñezan as orixes e o desenvolvemento dun estilo musical que forma parte da vida de varias xeracións e que, desde fai máis de sesenta anos, foise transformando constantemente ata os nosos días.
Pero o máis importante na historia do rock son as cancións. Por iso, en I LOVE ROCK AND ROLL contamos cunha banda de músicos de primeiro nivel que, caracterizada a imaxe e semellanza dalgúns dos artistas máis importantes do xénero, interpreta en directo algunhas das cancións máis representativas de cada época. Así, en I LOVE ROCK AND ROLL coñeceremos a historia da música rock facendo parada nas cancións de Elvis Presley, The Beatles, Led Zeppelin, AC/ DC, Guns& Roses e Pearl Jam.
I LOVE ROCK AND ROLL é unha ocasión perfecta para dar a coñecer un xénero musical que forma xa parte das vidas de varias xeracións e que ten un indubidable lugar privilexiado na cultura popular.