Evento: Tigres como cabalos
Tigres como cabalos
martes, 14 decembro, 2021 a sábado, 15 xaneiro, 2022
Biblioteca Pública de Ourense,
Ourense Tigres como cabalos
Exposición con textos de Xela Arias e fotografías de Xulio Gil
Como punto final ao ano adicado a Xela Arias, acollemos a exposición Tigres como cabalos que é o resultado dun proxecto artístico conxunto de carácter literario e fotográfico, concibido en 1990 entre a poeta Xela Arias e o fotógrafo Xulio Gil.
A Exposición que consta de textos poéticos de Xela Arias e Fotografías de Xulio Gil poderase visitar no horario de apertura da Biblioteca dende o 14 de decembro de 2021 ata o 15 de xaneiro de 2022.
Esta exposición conta co apoio da Secretaría Xeral de Lingüística