Evento: Toponimízate 2021

Toponimízate 2021
venres, 3 decembro, 2021 - 11:30
Ortigueira,
Ortigueira

Toponimízate 2021

Obradoiro de promoción da lingua galega.

A acción enmárcase nos proxectos Toponimia de Galicia e GeoArpad, impulsados ambos os dous desde a Xunta de Galicia, e coordinarase desde a Real Academia Galega (RAG) en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. A toponimia é a disciplina que estuda os topónimos ou nomes propios de lugar: os das aldeas e parroquias, os dos ríos e leiras, os dos penedos e fontes. Constitúe un aspecto fundamental do noso patrimonio que liga a lingua propia coa xeografía, a historia ou a arqueoloxía de noso. Entre outubro e decembro de 2021 Toponimízate chegará a 9 concellos da Rede de Dinamización Lingüística: Ribeira, Carnota, Triacastela, Outeiro de Rei, O Barco de Valdeorras, O Irixo, Meaño, Marín e Ortigueira.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Xornada sobre o Imperio Romano no Museo A Domus do Mitreo
Entendendo o Imperio romano
10 de novembro
Museo A Domus do Mitreo
cartel_261110_a_gudina
Obradoiro de luz negra
10 de novembro
CPI Laureano Prieto
Imaxe
Sesión de ficción dixital
12 de novembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Robótica creativa
Robótica creativa
13 de novembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola