Evento: O Apalpador

O Apalpador
xoves, 30 decembro, 2021 - 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

O Apalpador

Contacontos a cargo de Brais Moure

O Apalpador, tamén chamado Pandigueiro nas montañas de Ourense é un ser máxico do Nadal galego, fillo e neto de apalpadoras e apalpadores das serras do Courel, Ancares, Trevinca ou Manzaneda e ten o oficio de traer agasallos de madeira ás nenas e nenos no tempo do Nadal.

O Apalpador trae con el cantigas, contos e historias que axudan ás nenas e nenos a coñecer o noso patrimonio natural e coidar da natureza.

No salón de actos. Actividade dirixida a nenas e nenos de 3 a 8 anos. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Os Bolechas e o gran reto
23 de xullo
Campo da Feira
A xira do cuarto de século
24 de xullo
Campo do Souto
Os Bolechas e o gran reto
27 de xullo
Parque do Coto
Os Bolechas e o gran reto
28 de xullo
Edificio Cultural A Senra