Evento: M. Ward

M. Ward
mércores, 26 xaneiro, 2022 - 21:00
Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo,
Vigo

M. Ward

Concerto do músico e compositor estadounidense.

Matthew Stephen Ward, coñecido artisticamente como M. Ward, é un músico e compositor estadounidense que combina elementos do blues, o country, o folk e o rock n' roll para crear unha das obras máis persoais e suxestivas dentro da escena alternativa estadounidense.

Aínda que nacido en Ventura County (California), o músico reside desde finais dos noventa na cidade de Portland  (Oregón).

Ward, que habitualmente utiliza a técnica do fingerpicking para dotar dun son anello e característico á súa guitarra, é coñecido pola súa peculiar voz- entre agónica e susurrante- e as súas producións atípicas, inspiradas na sonoridade clásica dos pioneiros dos xéneros canónicos americanos.

En 2006, Ward gravado a dúo coa actriz Zooey Deschanel, unha colaboración que deu lugar á formación da banda She & Him.

  • M. Ward - "Unreal City"

Máis eventos de tipo Concerto

Mondra
9 de maio a 10 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
Resis Festival 2025
10 de maio
Museo de Belas Artes
Maraya Zydeco
10 de maio
Club Clavicémbalo
Vilablues Fest
15 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5