Evento: Maika Makovski
Maika Makovski
Maika Makovski
Concerto de pop- rock.
Maika comezou a escribir cancións aos doce anos e a actuar en vivo aos catorce. Gañou o seu primeiro recoñecemento profesional aos quince anos e os seus primeiros premios no ano 2002, antes de lanzar o seu primeiro álbum. Entre 1998 e 2003 cambiou o seu país de residencia repetidas veces ata asentarse finalmente en Barcelona, onde gravou Kradiaw (2005, PAE), o seu primeiro álbum, que atraeu a atención da prensa. Entre 2005 e 2007, Maika virou con artistas como Howe Gelb, The Dubliners and The Jayhawks. Tanto Kradiaw como o seu segundo traballo, Kraj para Koferot (2007, Wildpunk Records), foron aclamados pola crítica e presentados en directo en diversos países de Europa.
Ligazóns