Evento: Rockeando con Ramona Órbita. A dona do tempo

Rockeando con Ramona Órbita. A dona do tempo
xoves, 8 setembro, 2022 - 19:00
Praza da Calzada,
Pontedeume

Rockeando con Ramona Órbita. A dona do tempo

Espectáculo musical de Pakolas

En “Rockeando con Ramona Órbita, a dona do tempo”  Pakolas preséntanos o seu último librodisco, editado en Sonárbore, na Editorial Galaxia (Agosto-2020)

Neste novo traballo contaremos e cantaremos a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega da Serra do Courel, que posúe unha horta cibernética con patacas automáticas, e ademais ten  unha máquina do tempo, o seu mellor invento. Con ela viaxa ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo mellor, mais ecolóxico e con enerxías limpas.

Así, a través das cancións e a narración, imos saltando a diferentes épocas. Ramona viaxa á prehistoria a comer churrasco de mamut con Manolo Cavernario que acaba de descubrir o lume, visita a Leonardo Da Vinci no Renacemento, acode ao Antigo Exipto cun tal  Ramsés que lle cheiran os pés, ou conversa cun robot que ten unha Roda Rota que se fai chamar Time, etc, todo ata chegar a Benvidas ao Futuro na que cantamos por unha sociedade mais ecolóxica e concienciada co respecto e coidado á natura.

Máis eventos de tipo Concerto

XXVIII Ciclo de concertos de outono no Museo de Belas Artes da Coruña
Concertos de outono
27 de setembro a 29 de novembro
Museo de Belas Artes
No Te Va Gustar
21 de outubro
Rúa de Concepción Arenal, 5
Lorna
22 de outubro
Rúa de Concepción Arenal, 5
Santero y Los Muchachos
23 de outubro
Rúa de Concepción Arenal, 5