Evento: Llegan los bribones/ Risate di gioia

  • Llegan los bribones
Llegan los bribones/ Risate di gioia
mércores, 28 xaneiro, 2015 - 18:00
Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI),
A Coruña

Llegan los bribones/ Risate di gioia

Adaptación de dous relatos de Alberto Moravia

Italia, 1960

Dirección: Mario Monicelli. Guión: Suso Cecchi d’Amico, Mario Monicelli, Agenore Incrocci e Furio Scarpelli, sobre relatos de Alberto Moravia. Produción: Titanus. Fotografía: Leonida Barboni.

Intérpretes: Anna Magnani, Totò, Ben Gazzara.

Duración: 105 minutos.

É a noite de fin de ano e a actriz Gioia Fabbricotti non ten plan ningún. Finalmente, un amigo convídaa a unha festa e acepta. Outra das memorables películas dirixidas por Maio Monicelli, o autor de Rufufú, La gran guerra, La armada Brancaleone ou Habitación para cuatro. 
“O curioso é que, a partir de elementos case tópicos tomados dunha novela de Alberto Moravia, Risate di gioia sexa unha película indiscutiblemente moderna, liberada do relato que lle serve de armazón, e de conclusión imprevisible. De aí a súa estraña liberdade, que está entre Cassavetes e o Godard de Vivre sa vie e que nos introduce nun estado de expectación distanciada decididamente insólito” (Miguel Marías).  

 

Descargas

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Kill Bill: The Whole Bloody Affair
25 de xuño
Filmoteca de Galicia
Los mutantes + Il rumore dell’universo
26 de xuño
Filmoteca de Galicia
Night on Earth/ Noche en la tierra
Night on Earth/ Noite na terra
26 de xuño
Filmoteca de Galicia
Night on Earth/ Noche en la tierra
Night on Earth/ Noite na terra
27 de xuño
Filmoteca de Galicia