Evento: Morcheeba

Morcheeba
sábado, 5 xuño, 2021 - 22:00
Evento online,
Santiago de Compostela

Morcheeba

Concerto de trip-hop.

Morcheeba é unha banda británica que mestura influencias de trip hop, rock, folk rock e downtempo. A mediados de 1990, os irmáns Godfrey (o DJ Paul Godfrey e o multinstrumentista Ross Godfrey) uníronse a Skye Edwards como vocalista. Cinco álbums máis tarde, no 2003, Edwards deixou a banda. No 2005 Morcheeba gravou outro álbum xunto a Daisy Martey (anteriormente parte da banda Noonday Underground) para substituír a Edwards como vocalista. A voz de Edwards volveuse unha parte integral do son de Morcheeba, e a nova cantante tivo que afrontar duras críticas tanto de parte dos fanes como dos críticos de música. Nos últimos shows en vivo os irmáns Godfrey substituíran a Martey con outra vocalista, Jody Sternberg. En 2009, Skye Edwards retornou á formación, e desde entón lanzou dous novos discos con ela: Blood Like Lemonade e Head Up High.

 

  • Morcheeba - Killed Our Love (Official Music Video)

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Espectáculo musical polo Día Internacional dos Museos
Poesíacordes
18 de maio
Museo do Castro de Viladonga
Universos paralelos
21 de maio
Avenida do Burgo das Nacións
091
21 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5