Evento: Vero Rilo: Cacho Animalada!

Vero Rilo: Cacho Animalada!
mércores, 27 decembro, 2023 - 17:30
Biblioteca Pública Municipal de Irixoa,
Irixoa

Vero Rilo: Cacho Animalada!

Festival de narración oral.

Vero Rilo é contadora e educadora

Combina durante varios o traballo como educadora e narradora. Comeza a formarse con importantes referentes da narración oral galega e internacional, cursa dous anos de  formación actoral con Carlos Neira no centro EspazoAberto e tamén formación regular en improvisación teatral e de técnica vocal de xeito que  vai aprendendo a contar e no 2013 comeza a aventura de contar profesionalmente. Emprende da man do seu amigo e acordeonista Santi Prieto, o seu proxecto conxunto de narración e música para público familiar e crea a compañía Daboapipa dándose a coñecer na escena galega con "Contos de Animalario"; pouco despois para público adulto con "Historias de vida, guerra, amor e case morte". En 2015 toma o relevo musical Carlos Quintá para dar continuidade con "Lavandeiras".

O rodar da vida e o interese pola primeira infancia fai que en 2017 forme a compañía Rilo&Penadique coa mestra, cantante e acordeonista Sonsoles Penadique para afondar no universo da narración con "O pozo das Señoras" e na música para bebés da que nace o espectáculo- obradoiro "Arre ru". E veñen de cubrir a franxa de idade familiar que lles quedaba coa estrea de "A formiga no carreiro" no Salón do Libro de Pontevedra en 2019.

Dende o 2018 investiga os límites e puntos de (des)encontro do contar e cantar coa vocalista Faia Díaz (De Vacas, Coro Encaixe) en Apatacón, "Por unha peseta" é unha sesión para adultos e está en continúa construción.

A longo deste tempo traballa tamén coa USC, o CFR Coruña e Semente Compostela deseñando e impartindo obradoiros para docentes onde fai convivir as dúas disciplinas que ocupan a súa vida e reflexionando sobre a narración e a práctica educativa. "Contar para medrar", "Sentindo os contos?" ou "Cantar, contar e bailar" son algunhas das propostas formativas para profesorado e familias.

  • Cacho Animalada - Vero Rilo

Máis eventos de tipo Espectáculo

Coa pandeireta na man
18 de outubro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
C@nto contigo
24 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Concerto PunkInfantil
25 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Ondamini
25 de outubro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés