Evento: Festival Intercéltico do Morrazo
Festival Intercéltico do Morrazo
O XXXVII FIM xa ten datas: 30, 31 de xullo e 1 de agosto de 2021, sempre e cando a situación sanitaria o permita.
Serán catro os concertos repartidos nas tres xornadas, tres deles en sesión de noite e un, tal e como xa se fixera na pasada edición, o domingo en sesión de mediodía, apostando novamente por un cartel poboado por formacións galegas principalmente.
A XXXVII edición tamén será retransmitida en streaming polas redes, dado o éxito da experiencia iniciada o pasado ano, garantindo un festival accesíbel para as persoas que non poden gozar dos concertos presencialmente e unha maior proxección alén da nosa escena.
O Festival Intercéltico do Morrazo chega deste xeito á súa 37ª edición, sendo o único festival folck de Galiza que se celebra ininterrompidamente desde a súa primeira edición.
Máis eventos de tipo Festival