Evento: DeMente

DeMente
sábado, 14 maio, 2022 - 20:00
Auditorio Municipal Carmen Estévez,
Vilalba

DeMente

Espectáculo de danza da man de Fran Sieira.

Tras un minucioso traballo de investigación sobre as doenzas mentais, indagando sobre o seu trato ao longo dos anos e a situación na actualidade, nace a intención de dar visibilidade ás doenzas máis marxinais na comunidade actual: as doenzas mentais. Coa intención de visivilizar unha memoria histórica latente nunhas persoas que ademais de padecer o seu trauma concreto  coa enfermidade, sofren outros moitos a causa do estigma, do rexeitamento da sociedade.

O noso principal e único obxetivo é moral de cara ao tratamento desta temática e poñer o noso gran de area na loita contra un estigma "a imaxe do tolo" que pouco ou nada ten que ver coa realidade dunhas persoas que padecen unha enfermidade mental. `Por que a un neno dálle vergoña dicir que vai ao psicólogo e non que vai ao médico por unha gripe?

Máis eventos de tipo Espectáculo

Os Bolechas. Aquí hai moito ruído!
8 de novembro
Centro Cultural O Salón
Na cerna do son
8 de novembro
Teatro Nicomedes Pastor Díaz
Os Bolechas. Aquí hai moito ruído!
12 de novembro
CPI Virxe do Remdios de Castro Caldelas
Os Bolechas. Aquí hai moito ruído!
13 de novembro
Casa Museo Rosalía de Castro