Evento: Festival de Deseño #follow20

Festival de Deseño #follow20
luns, 9 novembro, 2020 a venres, 13 novembro, 2020
Plaza de Lugo,
A Coruña

Festival de Deseño #follow20

Festival de deseño para por en valor o tecido profesional galego e favorer a súa conexión co exterior e o seu achegamento ao gran público

#follow20 é un festival de deseño para por en valor o tecido profesional galego e favorer a súa conexión co exterior e o seu achegamento ao gran público. Un evento 100% carbon neutral, cun completo programa de desenvolvemento sostible nos eidos ambiental e social.

Desde o luns, 9 de novembro a web do festival follow.gal/follow20 acollerá unha completa programación baseada en microdocumentais de deseñadoras e deseñadores galegos (Stories), charlas temáticas entre creativas e creativos galegos (Conversas), un escaparate dixital de creacións galegas (Showroom), unha revisión dixital de portfolios dirixida a estudantado e mocidade profesional (Creative Camp) e unha serie de eventos paralelos (Off). Todos estes contidos permanecerán na web unha vez terminado o festival o venres 13.

O programa dixital compleméntase coa exposición física #novodeseñogalego na praza de Lugo da Coruña, que estará acompañada dunha carpa pola que pasarán diferentes deseñadoras e deseñadores para crear obras en vivo.

Edición #0

Trátase dunha edición 0 porque neste estraño ano serve de lanzamento dun ambicioso proxecto, que terá continuidade o próximo xuño coa primeira edición da Galicia Design Week dentro de #follow21, unha semana dedicada ao deseño en Galicia dentro do circuíto de citas internacionais realizadas en lugares como Barcelona, Londres, Nova York ou México.

Consello Follow

#follow20 conta cun consello asesor formado por 4 profesionais galegos de referencia: David Barro, codirector do estudio de deseño DARDO e director da Fundación DIDAC; Nuria Carballo, directora da axencia creativa Unconventional; Dani Bembibre, director da axencia de branding Costa; e Lola Dopico, directora da escola de moda ESDEMGA.

Protagonistas

As Stories están protagonizadas pola directora de arte Lucía García Rey, a marca de moda infantil The Campamento, a ceramista Verónica Moar, a axencia de branding Costa, a axencia tipográfica NM Type, o deseñador de iluminación Arturo Álvarez, o estudo de arquitectura Castroferro, é estudo de deseño DARDO e a Fundación DIDAC.

Pola súa banda, as Conversas, dedicadas á industria, a estratexia e a comunicación relacionadas co deseño, contan como participantes con Dani Bembibre, o deseñador de mobiliario Isaac Piñeiro, Lola Dopico, a deseñadora de servizos Coca Rivas, Nuria Carballo, a arquitecta Patricia Muñiz, o infografista Artur Galocha, o tipógrafo Marcos Dopico e a deseñadora gráfica Uqui Permui.

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos
Lóstrego
3 de setembro a 6 de setembro
Fórum Metropolitano