Evento: Martín Camiña- Ilusionista: Novos feitizos e novas ilusións
Martín Camiña- Ilusionista: Novos feitizos e novas ilusións
Contamos cunha dilatada experiencia profesional no mundo do ilusionismo.
Realizamos espectáculos para institucións públicas, empresas, eventos etc., dende todos os recantos da nosa terra até Xapón, espallando un xeito diferente de transmitir sorpresas, abraios, maxia, igualdade e lingua.
A día de hoxe producimos obras como "Igualdade, onde estás?", "Novos Feitizos e novas Ilusións", "BiMaxias: 2 ilusionistas en realidades paralelas" ou espectáculos grellados de maxia con prebe de lingua: "Falo porque me peta", "Linguado país", "Eric Plancto quixo ser gaiteiro", "Laretando nas Lareiras", "Caldeira de Lingua" etc.
Tamén producións para exterior: “Asombros de Rúa”, cun camión escenario máis 200 cadeiras.
Actos senlleiros na actualidade son presentacións de produtos, "visitas máxicas" en museos etc.
Máis eventos de tipo Espectáculo