Evento: Concertos 'Mércores de varanda' no Salón Teatro

  • Salón Teatro. Santiago
Concertos 'Mércores de varanda' no Salón Teatro
mércores, 21 outubro, 2020 - 20:30
Salón Teatro,
Santiago de Compostela

Concertos 'Mércores de varanda' no Salón Teatro

Programa musical para conmemorar o centenario do edificio, sede do Centro Dramático Galego (CDG)

O Centro Dramático Galego (CDG) retoma a actividade pública do Salón Teatro co programa musical 'Mércores de varanda', que ofrecerá oito concertos de artistas e grupos galegos entre setembro e outubro para conmemorar o centenario da inauguración deste edificio da rúa Nova compostelá, onde a unidade de produción teatral da Xunta de Galicia ten a súa sede desde 1999.

Todos os concertos terán lugar ás 20.30h e a entrada será gratuíta, previa retirada no despacho de billetes do Salón Teatro desde dúas horas antes do inicio das actuacións e ata completar a capacidade, que nestes momentos está restrinxida a 60 persoas de acordo coas medidas de control sanitario vixentes na cidade.

 

Programa

O gaiteiro Anxo Lorenzo será o encargado de abrir o mércores 9 o cartel. As seguintes citas do mes de setembro serán as protagonizadas por Hugo Franco e Claudia Abril (día 16), Emilio Rúa (día 23) e Xoán Curiel (día 30).

Xa no mes de outubro, será a quenda de Susana Seivane (día 7), Sés (día 14), Dequenvessendo (día 21) e Sofía Espiñeira (28 de outubro).

 

Seis dos devanditos intérpretes chegarán a Santiago a través do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, unha das novas iniciativas postas en marcha este ano pola Xunta a través do Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos da covid-19, mentres que Hugo Franco e Sofía Espiñeira forman parte deste cartel como artistas convidados do corworking de emprendemento musical organizado en Padrón pola Fundación Paideia e a Escola de Organización Industrial (EOI).

 

 

 

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
A clásica historia
16 de outubro
Avenida do Burgo das Nacións
Os do fondo da Barra. Banzo.
18 de outubro
Praza do Balneario de Arteixo
Metrika
18 de outubro
Rúa de Concepción Arenal, 5