Evento: Microefectos Dramatúrxicos
Microefectos Dramatúrxicos
O proxecto cultural que desenvolve Microefectos Dramatúrxicos parte da creación e representación de breves pezas dramáticas orixinais. Os microefectos son obras curtas, de duración inferior aos 15 minutos, que varían considerablemente no número de personaxes implicados e no espazo escénico, polo que poden representarse en moi diferentes espazos. Actualmente o grupo de Microefectos Dramatúrxicos está a estrear catro pezas orixinais cada tres meses no Club Clavicémbalo de Lugo. Microefectos dramatúrxicos comezou en maio de 2013 e levou o seu repertorio a varios escenarios da provincia e ademáis consta dun grupo de creación propia que elabora proxectos dramatúrxicos temáticos para eventos concretos
Máis eventos de tipo Espectáculo


