Evento: Sonar Gaifar: Dll. Outro

Sonar Gaifar: Dll. Outro
venres, 14 agosto, 2020 - 19:00
Espazo Dunas,
Nigrán

Sonar Gaifar: Dll. Outro

Festival de Dj´s

Dll. Outro é un inquedo activista da música electrónica. Foi impulsor das sesións de culto Zodiac durante unha longa estancia en Madrid, na que tocou nos mellores clubes da capital, ademais de editar un disco no prestixioso selo discográfico Drivecom de Boris Divider. Incansable coleccionista de vinilos, volveu recentemente á súa terra e agora difunde a súa proposta sonora dende Nigrán.

Tra-la excelente acollida da primeira data do ciclo Sona Gaifar, celebrada o pasado 10 de xullo, o vindeiro venres 14 de agosto terá lugar a segunda e última sesión do verán 2020 deste evento sonoro, promovido polo Concello de Nigrán, novamente no Espazo Dunas de Gaifar, que ven acollendo múltiples actividades de lecer e cultura nesta tempada estival, e revélase coma un escenario ideal para os atardeceres xunto ó mar, así coma para acoller a artistas e público. O ciclo propón unha selección de músicos e DJ’s destacados de toda Galicia, coa atención tamén a artistas de Nigrán.

  • dll.Outro (Zulo Room)

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos