Evento: A maxia de Pedro Volta

A maxia de Pedro Volta
martes, 11 agosto, 2020 - 22:30
Praza da Pedreira,
Pontevedra

A maxia de Pedro Volta

Espectáculo do famoso ilusionista galego.

É un dos ilusionistas galegos máis recoñecidos. Promotor e director artístico de Galicia Magic Fest. En 2017 estivo de xira por trinta cidades da República Popular China como director artístico do espectáculo Hangar 52 do prestixioso mago Yunke. É asesor máxico e creativo para o mago Yunke no Hormigueiro de Antena 3 Televisión.

En 2017 foi guionista de accións do exitoso programa de Antena 3 Televisión 1,2,3 Hipnotízame. Traballou no Kennedy Center de Washington e varios teatros de Maryland e Virginia (USA), contratado pola Embaixada Española. En 2014 foi contratado polo Instituto Cervantes para promocionar co seu show de maxia o español en Sydney e Camberra (Australia).
Tamén realiza conferencias de motivación con maxia e os seus shows en teatros así como eventos corporativos.
Desde 2013 é CEO da súa produtora MAGIC STAGE,S.L. coa que promove os seus proxectos de festivais de maxia e creacións.

Máis eventos de tipo Espectáculo

A xira do cuarto de século
11 de xullo
Espazo Cultural da rúa Camilo José Cela
Os Bolechas e o gran reto
16 de xullo
Patio do CEIP de Pedrouzos
Os Bolechas e o gran reto
18 de xullo
Praza Juan Salgueiro
Os Bolechas e o gran reto
19 de xullo
Peirao de Arcade