Evento: O lapis do carpinteiro/ O río ten mans

  • O lapis do carpinteiro
O lapis do carpinteiro/ O río ten mans
xoves, 11 decembro, 2014 - 20:30
Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI),
A Coruña

O lapis do carpinteiro/ O río ten mans

CineGalicia 25. Que é o cine (galego)?

España-Portugal-Gran Bretaña, 2002

Dirección: Antón Reixa. Guión: Antón Reixa e Xosé Morais, sobre a narración de Manuel Rivas. Produción: Portozás Visión, Morena Films, Sogecine, TVG e Telemadrid, D&D Audiovisuais (Portugal), Fish People Limited (Gran Bretaña) coa participación de Canal +, Antena 3 TV, CTV e a colaboración de Caixanova. Fotografía: Andreu Rebés.

Intérpretes: Luis Tosar, Tristán Ulloa, María Adánez, Nancho Novo.

Duración: 106 minutos.

En Galicia en 1936 Daniel Da Barca e Marisa Mallo viven o seu amor en plena guerra civil. El sobrevive no cárcere pola forza da imaxinación, as conviccións e a palabra. Desde fóra, ela pelexa por lle devolver a liberdade. Entre ambos e a seguir cadanseus pasos está Herbal, o home que vixía a Daniel na prisión e que esconde un segredo, unha obsesión, que o ha atormentar o resto da súa vida.
Acompaña a curtametraxe O rio ten mans (2000) de Beatriz Del Monte. 

Descargas

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

El asado de Satán
12 de maio
Filmoteca de Galicia
Crónica de los años de fuego
13 de maio
Filmoteca de Galicia
La ruleta china
14 de maio
Filmoteca de Galicia