Evento: Jazz Frequency Group

Jazz Frequency Group
domingo, 9 agosto, 2020 - 21:00
Praza de Fefiñáns,
Cambados

Jazz Frequency Group

Concerto de música clásica

· Seir Caneda, Piano
· Paco Charlín, Contrabaixo
· Max Gómez, Batería

Jazz Frequency Group é o proxecto do contrabajista Vilanovés Paco Charlín, segundo a crítica especializada, un dos máis firmes valores da nova xeración de músicos de Jazz do noso país, tanto pola súa firmeza como acompañante, como pola súa expresividade de ideas como solista, sen esquecer as súas virtudes técnicas dun instrumentista de probada eficacia.

O repertorio desta formación baséase nos chamados standards e as composicións orixinais dos integrantes do grupo, levando a cabo como base rítmica e harmónica a tradición e a composición contemporánea do jazz moderno actual.

Os integrantes desta formación son recoñecidos artistas do panorama actual do jazz que se está facendo na península, e que colaboraron con mestres da historia do jazz.

  • Jazz Frequency Group

Máis eventos de tipo Concerto

Concerto
9 de xullo
San Miguel
Catas sonoras
10 de xullo
Museo do Viño de Galicia
Picadiscos
11 de xullo
Campo da Festa de Urdilde