Evento: Foolmakers

Foolmakers
venres, 25 marzo, 2022 - 22:30
Clavicémbalo,
Lugo

Foolmakers

Concerto de música Jazz.

Foolmakers, grupo de jazz moi tolo formado por Carlos Doval xunto a catro psiquiatras lucenses, presenta o seu disco «Non todo sorna, non todo swing» na Sala Clavicémbalo de Lugo.

Grupo formado no 2013 por catro psiquiatras do HULA que se xuntaron co baixista Carlos Doval para tocar, nun principio, nas Jam Sessions que organiza Fábrica De Sons no Club Clavicémbalo.

No 2013, estiveron no programa do Festival de Jazz de Lugo e no 2014 fixeron unha xira por distintos locais galegos co espectáculo Cancións de amor e sorna-swing; finalizaron o ano cunha actuación nas festas de San Froilán.

O seu repertorio está composto fundamentalmente por standards de jazz, traducidos ao galego a maioría das veces e adaptados á "realidade galega" cun importante toque humorístico, pero tamén por algunha versión de Lou Reed, Beatles e mesmo Pilocha, que en moitas ocasións sobe con eles ao escenario para cantar un tema.

  • Foolmakers 2020 Bicos de nai

Máis eventos de tipo Concerto

O mellor e o peor dos 80 e 90
13 de xullo
Club Fluvial de Begonte
Con iAlma
13 de xullo
Praza do Concello
Gold&Colt
16 de xullo
Rúa dos Viños