Evento: Ven coñecer o Fondo Astano do Arquivo da Fundación Exponav

  • Semana Internacional dos Arquivos
Ven coñecer o Fondo Astano do Arquivo da Fundación Exponav
luns, 8 xuño, 2020 a domingo, 14 xuño, 2020
Fundación EXPONAV,
Ferrol

Ven coñecer o Fondo Astano do Arquivo da Fundación Exponav

Semana Internacional dos Arquivos. Empoderar Sociedades do Coñecemento

No arquivo da Fundación Exponav podedes atopar material relacionado coas construcións navais das empresas de Astano, Bazán e Tecnor. Como iniciativa para participar na Semana Internacional de Arquivos decidimos facer unha presentación do fondo Astano. Trátase dunha colección moi importante e dado que este ano o lema é "Empoderar Sociedades do Coñecemento" cremos que é unha oportunidade única poder compartir con outros profesionais ou apaixonados do mundo dos arquivos o noso xestor de contidos. Grazas a Atom o Arquivo da Fundación Exponav aposta pola dixitalización e o acceso á documentación desde calquera parte. Apostamos por un cambio no papel que desempeñan os profesionais dos arquivos do século XXI.

#UnArquivoÉ

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

El matrimonio de Maria Braun
19 de maio
Filmoteca de Galicia
Kontinental ’25
20 de maio
Filmoteca de Galicia
El matrimonio de Maria Braun
20 de maio
Filmoteca de Galicia