Evento: Los Saxos del Averno

Los Saxos del Averno
venres, 14 agosto, 2020 - 13:30
Náutico,
O Grove

Los Saxos del Averno

Concerto da banda pop rock folk.

Fai tan só unhas semanas que Los Saxos do Averno presentaban este suxestivo single, bautizado como "Devil Inside", en cuxo interior nos esperaban dúas potentes cancións e senllas portadas, unha por cada corte. Porque así son no Averno. Por unha banda, o homónimo "Devil Inside" que agora nos ocupa, e no que se conta a historia dun pobre diaño que, aínda esforzándose en seguir o recto camiño, sempre acaba collendo a vereda. Como eles mesmos afirman, "se Rubén Blades nacese en New York, este sería o seu Pedro Navalla".

E por outro, un soberbio "Do the Crab!" un "funk de autoaxuda" que recomendan, sen excepción, como "un tratamento vía bailable para erradicar episodios embarazosos e bochornos sen efectos secundarios". E non esquezas tomar nota deste útil consello chegado desde as profundidades: "Faga o cangrexo cada vez que note os síntomas e salga airoso de calquera situación".

  • Los Saxos del Averno-"VOODOO SHOES"

Máis eventos de tipo Concerto

NoitiNHas 2026
9 de setembro
Avda. do Burgo das Nacións, s/n
A Voz Humana
11 de setembro
Avenida do Burgo das Nacións
Kenny “Blues Boss” Wayne
13 de setembro
Rúa de Concepción Arenal, 5
Legends Tour
17 de setembro
Auditorio Municipal Manuel María