Evento: Aula Galicia Aberta: Percusións de man e canto tradicional galego-Clase 4

Aula Galicia Aberta: Percusións de man e canto tradicional galego-Clase 4
venres, 1 maio, 2020 a martes, 30 xuño, 2020
Evento online,
Santiago de Compostela

Aula Galicia Aberta: Percusións de man e canto tradicional galego-Clase 4

Obradoiro organizado co obxectivo de promover a cultura galega na Galicia do exterior.

Co obxectivo de manter a actividade formativa e divulgativa da cultura galega en todo o mundo durante a pandemia do coronavirus, a Secretaría Xeral da Emigración pon en marcha a Aula GaliciaAberta, catro seminarios en liña sobre distintas disciplinas relacionadas co patrimonio inmaterial de Galicia.

Os obradoiros son de carácter público e gratuíto, non precisan inscrición e están dirixidos non só @s alumn@s xa existentes de calquera das materias nas distintas entidades galegas espalladas polo mundo, senón tamén a aquelas persoas que, malia non ter coñecementos previos, queiran achegarse a estas disciplinas.

Cada un dos catro cursos está conformado por dez sesións, que dan comezo do 27 ao 30 de abril e tamén se desenvolverán ao longo dos meses de maio e xuño. As consultas que o alumnado formule serán respondidas ao finalizar a retransmisión a través de Facebook Live.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Obradoiro de encadernación belga
21 de outubro a 23 de outubro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
“Estudar é + doado se sabes COMO” (5ª Sesión)
24 de outubro
Biblioteca Pública de Lugo
Papalibros
24 de outubro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Técnicas gráficas para relatar memorias
25 de outubro
Museo do Castro de Viladonga