Evento: O software libre e a liberdade de elección tecnolóxica

O software libre e a liberdade de elección tecnolóxica
martes, 26 maio, 2020 - 17:00
Evento online,
Santiago de Compostela

O software libre e a liberdade de elección tecnolóxica

Xornada organizada pola Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia

Vivimos rodeados de dispositivos tecnolóxicos que forman parte intrínseca da nosa vida, así como o seu software unha necesidade para poder utilizalos, sen eles non poderiamos traballar, gozar do lecer ou comunicarnos.

Ese necesario software está, en gran medida, xestionado por empresas que nos atan a elas, obrígannos a un pago de licenzas e a un monopolio de produtos que non sempre cobren as nosas necesidades.

Se podemos elixir os nosos dispositivos, por que non escoller tamén o software que executamos neles? Cada vez máis, o software libre é a resposta.

O relator da xornada será Enrique Castillo, instrutor certificado polo Linux Professional Institute, profesor titular en Factor Humano Formación - Escuela Internacional de Postgrado, con máis de 15 anos de experiencia no mundo IT, consultoría de software libre e instrutor en Linux.

Obxectivos :

Coñecer as diferenzas entre o software libre e o propietario

Entender as claves das licenzas libres

Descubrir as posibilidades existentes de software libre para todo tipo de dispositivos e funcións

Máis eventos de tipo Obradoiro

Obradoiros de verán no Museo de Bela Artes
Inspirar para crear
7 de xullo a 28 de agosto
Museo de Belas Artes
Escola de maxia co mago Toño
13 de agosto
Biblioteca Pública de Ourense
Os tesouros do galeón afundido
13 de agosto
Museo Massó
Atando cabos. Nós mariñeiros
14 de agosto
Museo Massó