Evento: Club das lerchiñas: Paula Carballeira

Club das lerchiñas: Paula Carballeira
sábado, 30 maio, 2020 - 10:00
Evento online,
Santiago de Compostela

Club das lerchiñas: Paula Carballeira

Narración de contos.

Paula Carballeira, nacida e criada en Maniños (Fene), aínda que despois de licenciarse en Filoloxía na Universidade de Compostela, quedou a vivir en Compostela. Narradora oral profesional desde 1994, actriz e escritora.

Ten participado nos principais festivais de narración oral nacionais e internacionais (Portugal, Polonia, Francia, Cabo Verde, Colombia, Perú, Ecuador, México, Costa Rica...). Ademais, mantén actividades regulares en bibliotecas e centros de ensino.

Como actriz, é membro da compañía Berrobambán e participou en varias series e programas da Televisión de Galicia. Como directora de teatro, levou adiante producións infantís tanto na súa compañía como no Centro Dramático Galego ou noutras compañías.

Unha nai e o seu fillo viven na casa pequena a carón do bosque. No bosque hai un muíño. A nai e o neno son tan pobres que só poden mercar un pouco de fariña para facer pan. Iso si, o pan sabe como ningún outro, porque mentres o fai a nai invéntalle ao neno a historia que queira escoitar, e cando o neno come o pan lembra a historia e soña cos ollos abertos. Pero, un día, quedaron sen ningunha moeda para mercar fariña, porque os malos tempos chegan antes para a xente pobre, e tiveron que discorrer unha solución.

Adaptación dun conto popular pensado para alimentar o corpo e a imaxinación

Máis eventos de tipo Espectáculo

Os Bolechas. Aquí hai moito ruído!
12 de novembro
CPI Virxe do Remdios de Castro Caldelas
Os Bolechas. Aquí hai moito ruído!
13 de novembro
Casa Museo Rosalía de Castro
transparentar
Transparentar
13 de novembro
Auditorio Municipal Gustavo Freire
Misión ciencia: descobre experimenta e crea
14 de novembro
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel