Evento: Cociña en familia

Cociña en familia
mércores, 1 abril, 2020 a sábado, 30 maio, 2020
Evento online,
Santiago de Compostela

Cociña en familia

Afundación en casa continúa coa súa iniciativa de formación culinaria e nutricional para as máis pequenas e os máis pequenos da casa

Mayte Fernández é unha das nutricionistas e cociñeiras con maior proxección no ámbito da formación culinaria dirixida a nenas e nenos, a quen transmite non só a súa paixón pola cociña, senón tamén a importancia de manter unha dieta sa e equilibrada, apostando polo produto de proximidade e de tempada.

Afundación en casa continúa coa súa iniciativa de formación culinaria e nutricional para as máis pequenas e os máis pequenos da casa. Trátase de «Cociña en familia», con Mayte Fernández, na que todos os venres poderase aprender unha nova e deliciosa receita de cociña pensada para toda a familia. Mañá, venres 24 de abril, estará xa dispoñible a sesión sobre un das sobremesas máis saborosas: rocas de chocolate.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Minilibretas motivacionais
Libretas Motivacionais
18 de setembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Minilibretas motivacionais
18 de setembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Con outras palabras: achégate á tradución
29 de setembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Viaxando con lapis e papel
23 de outubro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés