Evento: Aula diversa. Corpo expresivo - Corpo articulado

  • Curso CGAC Aula diversa
Aula diversa. Corpo expresivo - Corpo articulado
mércores, 5 febreiro, 2020 a mércores, 20 maio, 2020
Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC),
Santiago de Compostela

Aula diversa. Corpo expresivo - Corpo articulado

Novo programa de educación artística para a integración de persoas con diversidade funcional

O CGAC abre un novo programa de educación artística para a integración de persoas con diversidade funcional. O proxecto 'Aula diversa', dirixido pola xestora cultural e educadora Adriana Pazos Ottón, propón a arte contemporánea como ferramenta de inclusión social e o museo como espazo de aprendizaxe aberto ao encontro das diferenzas.

Entre os meses de xaneiro e maio de 2020 terán lugar unha serie de sesións abertas a colectivos ou persoas con diversidade funcional e ao público en xeral, que combinarán visitas guiadas e talleres creativos.

O obxectivo é establecer accións integradoras que cren puntosde encontro entre colectivos e persoas diversas capaces deachegar coñecementos e experiencias desde perspectivas múltiplese xerar un espazo físico, conceptual e social común.

 

CALENDARIO

SESIÓN I. 5 de febreiro

SESIÓN II. 11 de marzo

SESIÓN III. 15 de abril

SESIÓN IV. 20 de maio 

 

HORARIO

17:00 a 19:00 horas

 

INSCRICIÓN

O programa é de balde e para participar é necesario escribir a cgac.educacion@xunta.gal indicando o nome do colectivo ou persoas participantes, as súas idades, as súas necesidades, o nome da persoa responsable, un teléfono de contacto e un enderezo de correo electrónico.

As prazas cubriranse por orde de inscrición. Cada solicitante recibirá unha mensaxe electrónica de confirmación.

 

PERSOAS DESTINATARIAS

O programa está dirixido a todos os públicos e idades (adultos e público infantil a partir de 4 anos).

 

PRAZAS

En función dos colectivos ou persoas que se inscriban na actividade acordarase un número de prazas adecuado para o bo funcionamento desta. Os nenos e nenas de 4 a 8 anos deberán asistir acompañados por unha persoa adulta.

 

 

 

 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira
Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal
Toponimízate 2025
26 de setembro
Casa do Concello